Yolanda Brown, a saxofonista británica con raíces xamaicanas foi a primeira artista galardoada con dous premios consecutivos MOBO ao Mellor Jazz. A progresión ascendente da súa carreira é indiscutible, e co seu novo álbum “Love Politics War”, cargado de mensaxes sociais, sorprende a todos pola destreza coa que mistura jazz, reggae e soul.

En 2018 celebrou os seus 10 anos de carreira musical cunha xira mundial que xerou moita expectación. YolanDa Brown actuou con Diana Krall, The Temptations, Billy Ocean e tamén colaborou con artistas como Julian Marley ou a Royal Philharmonic Concert Orchestra. Activa presentadora de radio e televisión, foi premiada co Honorary Doctorate of Arts pola University of East London e convidada a coñecer en persoa á Raíña e ao Duque de Edimburgo en Buckingham Palace.

Unha auténtica muller do renacemento contemporáneo, cuxo show en directo é toda unha experiencia xa que Brown domina á perfección o seu medio natural: o escenario.

- - -

Yolanda Brown, la saxofonista británica con raíces jamaicanas fue la primeira artista galardonada con dos premios consecutivos MOBO al Mellor Jazz. La progresión ascendente de su carrera es indiscutible, y con su nuevo álbum “Love Politics War”, cargado de mensajes sociales, sorprende a todos por la destreza con la que mezcla jazz, reggae y soul.

En 2018 celebró sus 10 años de carrera musical con una gira mundial que generó mucha expectación. Yolanda Brown actuó con Diana Krall, The Temptations, Billy Ocean y también colaboró con artistas como Julian Marley o la Royal Philharmonic Concert Orchestra. Activa presentadora de radio y televisión, ha sido premiada con el Honorary Doctorate of Arts por la University of East London e invitada a conocer en persona a la Reina y al Duque de Edimburgo en Buckingham Palace.

Una auténtica mujer del renacimiento contemporáneo, cuyo show en directo es toda una experiencia ya que Brown domina a la perfección su medio natural: el escenario.