O dúo italiano, The Cyborgs son instintivos, viscerais, excesivos, inquietos e sobre todo explosivos! Coñecidos polas súas actuacións xenuínas e incendiarias participan co seu blues, electro e funk misturado nos principais festivais de blues de Italia compartindo escenario con Jeff Beck, Bruce Springsteen, Deep Purple ou Iggy and the Stooges.

Chámanse “0” e ”1” como os símbolos do código binario, que representan o comezo e a fin do home. Viaxan por todas partes comunicando os seus ideais a través do Blues, tratando de espertar conciencias, predicando un retorno ao pasado e á simplicidade. A miúdo cantan sobre o futuro, profetizan e describen os cambios da raza humana ao longo do tempo. Trastorno, caos, contaminación e rebelión do home e a natureza.