Lugo

Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo a cidade romana de Lugo é a máis antiga de Galicia. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro. Lugo conta con tres Patrimonio da Humanidade: a Muralla, a Catedral de Santa María e o Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo. A cidade forma parte da Reserva da Biosfera "Terras do Miño" que a distingue a nivel europeo. Lugo destaca por ser unha cidade de tapas e dunha excelente gastronomía da que presume co seu lema, "E para comer...Lugo".

Enlaces de interese:
- Gastrorutas
- Lugo Romano
- Lugo Monumental
- Plano turístico da cidade
- Rutas de sendeirismo

 

ZONA DE CONCERTOS: PRAZA DA SOIDADE