Sen lugar a dúbidas, este mozo británico é un dos talentos máis prometedores da escena blues-rock mundial. Guitarrista de blues rock inglés, cantante e compositor, Jones gañou cuatro British Blues Awards, incluído o ‘Mozo artista do ano' durante tres anos consecutivos. Foi tamén votado como mellor guitarrista europeo nos European Music Awards de 2016.

Laurence Jones estivo todo o mes de febreiro de 2017 no caribe para grabar o seu disco máis importante ata o de agora e que presentará en directo por primeira vez en España en abril de 2018. Tras asinar un acordo de distribución mundial con SONY MUSIC e reconvertelo en cuarteto, a banda de Laurence Jones renovouse con dúas incorporacións de primeira liña. Gregg Smith ao baixo en sustitución de RogerInnis e a fabulosa incorporación do teclista Bennet Holland que completa ese son inconfundible do mellor guitarrista actual da escena europea.

Ofrecerá a maiores do concerto unha Masterclass o sábado día 21 ás 12.00 horas nos xardíns do Museo Provincial de Lugo. Entrada libre previa inscrición no enderezo electrónico cultura@deputaciónlugo.org. Prazas limitadas.