Neste proxecto Nel-lo, versiona a doce saxofonistas inscritos dentro da tradición dos chamados 'honkers', os saxofonistas de Rhythm and blues que encenderon a mecha do Rock and roll nos anos 50 e 60 do pasado século, desenvolvendo unha linguaxe musical singular da que Nel-lo se sente continuador.

Neste proxecto tan especial para o artista está acompañado de Pere Miró (saxo barítono), Dani Baraldés (guitarra), Héctor Martín (guitarra e guitarra barítono), Matías Míguez (baixo), Anton Jarl (batería) e Albert Sabater (percusión).