Aurora & The Betrayers son: Martín García, Jose Funko e Aurora García

A banda, que despois de 5 anos e 3 discos seguen sendo fieis á “canción”, contan con personalidade propia, tinguidura e influencias que van do rock máis clásico ao soul, pop ou folk norteamericano. A procura dun son diferente, que se move entre o vintage e a experimentación, converteu a Aurora & The Betrayers no centro de atención tanto que o grupo foi catalogado como a proposta máis auténtica e inclasificable no panorama musical español recente e escollida como a Mellor Banda de Música Negra nos Premios Pop-Eye (2014), como Mellor Artista Emerxente nos "Premios MIN" (Música Independente 2016) e como a Mellor Banda de Rock nos Premios Pop-Eye (2017).

En febreiro de 2018 lanzan o seu último disco “Tune Out The Noise”, o máis persoal ata a data e que necesitaban sacar por estar “cambiando máis rápido do que os anteriores discos reflectían.