The Cyborgs

Venres 20 de xullo

Sábado 21 de xullo | Sesión vermú |

O Festival

Por segundo ano, Lugo saca a súa alma de blues no mes de xullo para acoller o Blues Museum, o II Festival Internacional de Blues de Lugo. Unha cita musical única, cun atractivo programa de concertos ao aire libre e gratuítos. Un festival organizado pola Deputación de Lugo e o Concello de Lugo que achega a música ao museo e á rúa.

O Blues Museum aposta por directos vibrantes de artistas de nome internacional e estatal cos que o público goce a ritmo de blues. Unha aposta que brinda a oportunidade de desfrutar dos mellores artistas do panorama nacional e internacional, da recoñecida fama de viños e tapas e do patrimonio histórico de Lugo, xa que o espazo dos concertos convive entre Patrimonios da Humanidade como a Muralla de Lugo, o Camiño Primitivo a Santiago de Compostela ao seu paso por Lugo e a Catedral de Santa María.

Venres 20 de xullo a partir das 21.30 horas na Praza da Soidade (Museo Provincial) Lugo:
Travellin´ Brothers, Aurora & The Betrayers, The Cyborgs

Sábado 21 de xullo ás 12.00 horas nos xardíns do Museo Provincial:
Masterclass de Laurence Jones (prazas limitadas, inscrición previa en cultura@deputacionlugo.
Ás 13.45 horas sesión vermú en Campo Castelo a cargo de The Cyborgs.
A partir das 21.30 horas na Praza da Soidade (Museo Provincial) Lugo:
Southern Avenue, Laurence Jones, Dani Nel.lo & Los Saxofonistas Salvajes

| Entrada libre |

Descarga o PDF do programa